Sección: Cousiñas sobre o Plan de Igualdade
Capítulo 6. Plan de Igualdade nun Grupo de Empresas
No capítulo anterior aclarábamos que, por empresa, debe ser un único Plan de Igualdade (non por centro de traballo).
Hoxe imos aclarar cando falamos de Plan de Igualdade nun grupo de empresas, naturalmente, negociado conforme ao recollido no artigo 87 do Estatuto das persoas Traballadoras (ETT).
Neste caso, cabe mais dunha posibilidade:
1. Un plan de igualdade único para todas as empresas do grupo.
2. Un plan de igualdade para determinadas empresas do grupo, e o resto de empresas un plan de igualdade propio.
3. Cada empresa do grupo co seu plan de igualdade propio.
En todo caso, nos casos 1 e 2, é necesario:
• Ter en conta a actividade de cada empresa.
• Contemplar os convenios colectivos de aplicación.
• Realizar, obrigatoriamente, diagnoses individualizadas en cada unha das empresas.
• Xustificar a conveniencia de dispor dun plan único (de grupo ou para varias empresas do grupo).
En datas próximas, o capítulo 7 desta sección: Materias que convén contemplar na Diagnose do Plan de Igualdae.
Se tes outras dúbidas, queres saber mais, ou precisas asesoramento técnico personalizado, contacta co noso Gabinete Técnico de Igualdade.
igualdade@ceg.es
981 555 888