CEG

 

Proxecto BID4TENDERS

O proxecto BID4TENDERS é unha colaboración entre asociacións empresariais de Galicia e Norte de Portugal no que participan a CEG (Confederación de Empresarios de Galicia), AEP (Associação Empresarial de Portugal, Câmara de Comércio e Indústria), CEVAL (Confederação Empresarial do Alto Minho), IAPMEI (Agência para a Competitividade e Inovação) e IGAPE (Instituto Galego de Promoción Económica), cuxo obxectivo é promover e facilitar a participación de pemes na contratación pública, ofrecendo os seguintes servizos:

  • Unha plataforma electrónica para o acceso a convocatorias de licitacións a nivel nacional, rexional e europeo.
  • Creación dunha rede de socios potenciais para colaboracións.
  • Organización de talleres formativos de capacitación e desenvolvemento en materia de contratación pública. 
  • Asistencia técnica e legal, ademais de acompañamento continuo nos trámites de licitación.
  • Difusión de noticias e oportunidades de negocio vinculadas a licitacións, reforzando a participación das pemes nestes procesos.

Co financiamento de:
Interreg Europe

Usamos cookies no noso sitio web para soportar características técnicas que melloran a súa experiencia de usuario.

Tamén usamos servizos de análise e estatísticas.