Acerca de

Órganos de goberno

A CEG é unha entidade privada, rexida por distintos órganos de goberno, cuxa renovación se realiza de forma democrática cada catro anos, segundo recollen os estatutos da Organización.

ASAMBLEA XERAL

É o máximo órgano de goberno e decisión da CEG. A Asamblea está formada polos representantes da totalidade de organizacións empresariais integradas, e entre as súas principais funcións atópanse:

  • Elección do presidente da CEG.
  • Aprobación dos programas e plans de actuación.
  • Aprobación de orzamentos.
  • Ratificación dos acordos de integración de organizacións sectoriais.
XUNTA DIRECTIVA

É o órgano colexiado de normal goberno, xestión, administración e dirección da CEG. Entre outras funcións, son competencia da Xunta Directiva a elaboración dos orzamentos, acordar a constitución de comisións temporais de traballo e propor á Asamblea a formación de comisións especializadas de carácter permanente.

Segundo establecen os estatutos da Organización empresarial, son membros integrantes da Xunta Directiva:

  • O presidente da CEG.
  • Os expresidentes da CEG.
  • Os presidentes das Confederacións Provinciais.
  • Vogais representantes das organizacións integradas na CEG.
COMITÉ EXECUTIVO

Como órgano permanente de goberno da CEG, o Comité Executivo é o encargado da dirección das actividades da Organización, así como de velar polo funcionamento eficaz dos servizos que se ofrecen á comunidade empresarial.

Son membros do Comité Executivo:

  • O presidente.
  • Os vicepresidentes.
  • Dous vogais propostos por cada Confederación Provincial, de entre os membros da Xunta Directiva.
  • Dous vogais designados polo presidente da CEG.
PRESIDENCIA

O presidente da CEG, elixido cada catro anos pola Asamblea Xeral, é o máximo representante da Organización empresarial. Convoca e preside as reunións da Asamblea Xeral, a Xunta Directiva e o Comité Executivo, e é a súa responsabilidade velar polo cumprimento dos acordos adoptados.

ÓRGANOS DE ASESORAMENTO

Os órganos de goberno da CEG contan, para o desenvolvemento normal das súas funcións, coa colaboración dos órganos de asesoramento:

  • Xunta de vicepresidentes, conformada polos presidentes das Confederacións Provinciais de Empresarios de Galicia. 
  • Consello Asesor, conformado por un nutrido grupo de representantes das máis importantes empresas de Galicia. No mesmo intégranse: Banco Sabadell Gallego, Nueva Pescanova, Gadisa, Abanca, Accenture, CaixaBank, Jealsa Rianxeira, Corporación Hijos de Rivera, El Corte Inglés, Froiz Fundación Empresa-Universidad Gallega (FEUGA), Leite Río, Luckia Gaming Group, Copasa, Grupo Valtalia, Vegalsa, Carrefour, Froiz, Mercadona, Grupo Pérez Rumbao, R, Grupo Nogar, Ence, Santander, Televés, Civis Global, Congalsa, Fundación Inade e Gdoce.
  • Comisións de traballo especializadas, de carácter temporal ou permanente, para o estudo e análise da realidade socioeconómica de Galicia.
NORMATIVA APLICABLE E ESTATUTOS
  • Lei 19/1977, de 1 de abril, sobre regulamento do Dereito de Asociación Sindical.
  • Real Decreto 416/2015, de 29 de maio, sobre Depósito de estatutos das organizacións sindicais e empresariais.
  • Lei 17/2008, de 29 de decembro, de Participación institucional das organizacións sindicais e empresariais máis representativas de Galicia.
  • Real Decreto Lexislativo 2/2015, de 23 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos Traballadores.
  • Estatutos da CEG.

Usamos cookies no noso sitio web para soportar características técnicas que melloran a súa experiencia de usuario.

Tamén usamos servizos de análise e estatísticas.