Acerca de

Asociarse á Confederación de Empresarios de Galicia

UNHA OPORTUNIDADE PARA FACERTE OÍR E DEFENDER OS INTERESES EMPRESARIAIS:

  • Participación nos órganos de goberno e nas Comisións internas e Grupos de Traballo que conforman a CEG, para a defensa dos intereses empresariais.
  • A CEG está presente en máis de 100 órganos e consellos do sector público, e proporciona interlocución e diálogo coas distintas institucións, fomentando a defensa dos intereses dos nosos asociados.
  • A CEG é membro da CEOE e, á súa vez, participa nos órganos de goberno e en distintas comisións e grupos de traballo aos que traslada a opinión das organizacións empresariais de Galicia. Os nosos asociados poderán beneficiarse da gran relación que mantén a CEG co resto de Organizacións Empresariais que conforman a CEOE.

ASESORAMENTO:

  • Os distintos Departamentos da CEG ofrecen servizos de asesoramento nas distintas materias de interese empresarial.

VISIBILIDADE E EVENTOS:

  • Utilización gratuíta das distintas salas de reunión da CEG por parte dos asociados.
  • Realización de eventos de interese empresarial e colaboración na difusión dos mesmos. 

PROXECTOS:

  • Participación por parte dos asociados nos Proxectos que desenvolva a CEG.

INFORMES E ESTUDOS:

  • Acceso a documentación de interese, elaborada directamente ou en colaboración.

¿COMO ASOCIARSE?

Podes dirixir un correo electrónico a [email protected] cos teus datos persoais e un teléfono para que contactemos contigo.
Tamén podes chamar ao teléfono 981 555 888.
 

Usamos cookies no noso sitio web para soportar características técnicas que melloran a súa experiencia de usuario.

Tamén usamos servizos de análise e estatísticas.