Para cumprir cos seus obxectivos fundacionais e prestar servizo da maneira más eficiente posible, a Confederación de Empresarios de Galicia organízase en distintos departamentos, que conforman a súa estrutura funcional. No seu conxunto, eses departamentos constitúen a área executiva da Organización, e dependen directamente da Secretaría Xeral.
Xestión administrativa.
Interlocutor coas administración públicas e axentes sociais a través da participación en órganos consultivos da Comunidade Autónoma.
Elaboración de estudos, informes e propostas en materia laboral e asuntos socioeconómicos.
Asesoría legal, fiscal e sobre asuntos xurídicos.
Xestión dos recursos humanos
Promoción do autoemprego. Asistencia a emprendedores.
Formación para o emprego.
Prácticas en empresas.
Orientación profesional personalizada.
Captación de ofertas de emprego.
Axudas públicas e financiamento para empresas.
Apoio á participación en proxectos europeos.
Información e asesoramento sobre políticas europeas de interese empresarial.
Mercado interior europeo: libre circulación de persoas, mercadorías, servizos e capitais.
Procura de socios en mercados internacionais.
Como socios da Rede EURES- T, servizos de apoio e asesoramento aos traballadores e empresas que operan na Eurorrexión Galicia – Norte de Portugal.
Como membros da Enterprise Europe Network, servizos de apoio á empresa no mercado europeo.
Información e asesoramento sobre acceso e participación en licitacións internacionais.
Procura de Licitacións de Organismos Multilaterais.
Alertas personalizadas sobre procesos de licitación.
Información sobre Compliance.
Accións de información e difusión sobre licitacións internacionais como vía de internacionalización da empresa galega.
Información e promoción da participación das empresas de Galicia en licitacións.
Procura de oportunidades: licitacións, contratos, ferramentas de procura, socios, provedores etc.
Información personalizada sobre procesos de licitación e procura, de sectores e produtos, segundo as principais clasificacións.
Información sobre o procedemento de cada licitación e acceso á documentación necesaria para participar.
Noticias e reportaxes relacionados coas licitacións como parte da estratexia de internacionalización das empresas.
Dirección de comunicación externa e xestión das relacións cos medios.
Coordinación e edición de publicacións.
Información e asesoramento sobre prevención de riscos laborais.
Apoio técnico e asesoramento no fomento da igualdade laboral na empresa.
Asistencia á Presidencia.
Coordinación e supervisión do funcionamento dos departamentos.
Fomento do asociacionismo empresarial.
Control da xestión económica e orzamentaria.
Control da xestión das infraestruturas informáticas e atención ao usuario.