A Confederación de Empresarios de Galicia en convenio co Instituto Galego de Promoción Económica pon ao dispor do tecido produtivo galego o Centro de Seguimento de Licitacións Internacionais, que ofrece os seguintes servizos:
- Información e promoción da participación das empresas de Galicia en licitacións internacionais.
- Busca de licitacións de Organismos Multilaterais: para iso contamos cunha ferramenta que permite ás empresas acceder a información cualitativa sobre concursos públicos de carácter internacional.
- Alertas personalizadas, sobre procesos de licitación e procura, de sectores e produtos, segundo as principais clasificacións internacionais.
- Información sobre o procedemento de cada licitación e acceso á documentación necesaria para participar: análise da documentación estratéxica existente nos diferentes organismos licitadores.
- Noticias e reportaxes relacionados coas licitacións como parte da estratexia de internacionalización das empresas.
Pode acceder ao portal do Servizo de Licitacións Internacionais SALT a través desta ligazón.