UNHA OPORTUNIDADE PARA FACERTE OÍR E DEFENDER OS INTERESES EMPRESARIAIS:
- Participación nos órganos de goberno e nas Comisións internas e Grupos de Traballo que conforman a CEG, para a defensa dos intereses empresariais.
- A CEG está presente en máis de 100 órganos e consellos do sector público, e proporciona interlocución e diálogo coas distintas institucións, fomentando a defensa dos intereses dos nosos asociados.
- A CEG é membro da CEOE e, á súa vez, participa nos órganos de goberno e en distintas comisións e grupos de traballo aos que traslada a opinión das organizacións empresariais de Galicia. Os nosos asociados poderán beneficiarse da gran relación que mantén a CEG co resto de Organizacións Empresariais que conforman a CEOE.
ASESORAMENTO:
- Os distintos Departamentos da CEG ofrecen servizos de asesoramento nas distintas materias de interese empresarial.
VISIBILIDADE E EVENTOS:
- Utilización gratuíta das distintas salas de reunión da CEG por parte dos asociados.
- Realización de eventos de interese empresarial e colaboración na difusión dos mesmos.
PROXECTOS:
- Participación por parte dos asociados nos Proxectos que desenvolva a CEG.
INFORMES E ESTUDOS:
- Acceso a documentación de interese, elaborada directamente ou en colaboración.
¿COMO ASOCIARSE?
Podes dirixir un correo electrónico a info@ceg.es cos teus datos persoais e un teléfono para que contactemos contigo.
Tamén podes chamar ao teléfono 981 555 888.