A Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) é unha organización privada e independente, cuxo principal obxectivo fundacional é o fomento do sistema de iniciativa privada e a economía de mercado na Comunidade Autónoma galega.
Como entidade ao servizo da comunidade empresarial, a actividade da CEG céntrase na representación e defensa dos intereses xerais do empresariado ante as institucións, organismos públicos e axentes sociais.
Constituída no ano 1981 por común acordo das catro Confederacións Provinciais de Empresarios, a CEG é unha entidade sen ánimo de lucro, de afiliación voluntaria e de estrutura democrática. Desde a súa creación, a organización empresarial máis representativa no ámbito autonómico galego, é membro da Confederación Española de Organizaciones Empresariales (CEOE) e da Confederación Empresarial de la Pequeña y Mediana Empresa (CEPYME).