CEG

 

Igualdade

A Confederación de Empresarios de Galicia, a través do seu Gabinete Técnico de Igualdade, promove a igualdade laboral e de oportunidades na empresa e contra a brecha salarial, desenvolvendo distintas actividades:

  • Apoio técnico e asesoramento no fomento da igualdade laboral na empresa: protocolo de actuación fronte ao acoso, elaboración e implantación de plans de Igualdade, medidas alternativas ao mesmo, brecha salarial, etc.
  • Análise e identificación de boas prácticas.
  • Actividades informativas e divulgativas que favorezan a sensibilización sobre a materia ao tecido empresarial.
  • Dar a coñecer as novidades normativas relacionadas coa equiparación entre mulleres e homes, especialmente na contorna laboral e empresarial.
  • Material de consulta relacionado coa Igualdade no ámbito laboral, elaborado polo noso Gabinete, como apoio ao tecido empresarial na materia. Ten opción de descarga desde a sección de publicacións da web da CEG.
  • Artigos publicados, redactados polo persoal do noso Gabinete, co obxectivo de informar, sensibilizar e concienciar na importancia e as vantaxes de lograr unha igualdade real no ámbito laboral.

Este servizo, conta co financiamento da Xunta de Galicia e do Ministerio de Traballo e Economía Social (SEPE).

                                                  Co financiamento de:
Xunta de Galicia   SEPE

Usamos cookies no noso sitio web para soportar características técnicas que melloran a súa experiencia de usuario.

Tamén usamos servizos de análise e estatísticas.