Está fóra de toda dúbida que a prevención no ámbito laboral e o fomento da responsabilidade social empresarial (RSE) contribúen ao desenvolvemento humano sostible en xeral, e a unha maior competitividade e sostenibilidade para as empresas en particular.
É por isto polo que a CEG colabora, por unha banda, na promoción dunha cultura preventiva no ámbito dos riscos laborais participando nos órganos con competencia neste ámbito a nivel autonómico e facilitando diferentes ferramentas e estudos no aspecto preventivo; e por outra, colabora coas súas organizacións para desenvolver unha RSE.