Sección: Cousiñas sobre o Plan de Igualdade
Cap.9. Cambios no Plan de Igualdade xa asinado
O Plan de Igualdade, a diferencia doutro tipo de documentación no ámbito laboral, una vez asinado polas partes lexitimadas, pode modificarse sempre que se considere oportuno.
Porque é unha ferramenta que, para ser eficaz, debe ser dinámica, flexible, progresiva, e susceptible de, sempre que se detecte algunha necesidade ou posibilidade de mellora, que as partes poidan introducir e asinar os cambios que se acorden (medidas, indicadores, recursos, etc.).
De feito, o seguimento e avaliación do plan é unha das súas fases, precisamente para detectar se o xa implantado precisa modificacións para acadar os obxectivos fixados e asinados polas partes. Na redacción inicial do mesmo debe determinarse o procedemento que se acorde para a súa modificación.
En datas próximas, o capítulo 10 (e último) desta sección: Rexistro do Plan.
Se tes outras dúbidas, queres saber mais, ou precisas asesoramento técnico personalizado, contacta co noso Gabinete Técnico de Igualdade.
[email protected]
981 555 888