Sección: Cousiñas sobre o Plan de Igualdade
Cap.10. Rexistro do Plan
Neste último capítulo falaremos do rexistro do plan e a súa obrigatoriedade.
Dende a entrade en vigor do Real Decreto-Lei 6/2019, o rexistro do plan igualdade é necesario para considerar como válido o mesmo (tanto se se trata de plans obrigatorios como voluntarios e independentemente de que sexan adoptados con ou sen acordo entre as partes).
Unha vez elaborado, aprobado e asinado, o plan de igualdade debe ser depositado nun rexistro público (REGCON), nun prazo non superior ós quince días seguintes á data de asinamento de aprobación do mesmo.
Este trámite de Rexistro e Depósito de Convenios Colectivos, Acordos Colectivos de Traballo e Plans de Igualdade (REGCON), dependendo do ámbito territorial, correspóndelle a un organismo provincial, autonómico ou central.
No momento de iniciar o proceso de rexistro, é importante ter en conta a relación de documentos que se deben anexar, que, segundo o tipo de acordo serán os seguintes:
Acta de constitución da comisión negociadora, asinada por todas as persoas integrantes da mesma.
Acta de firma, onde se aproban os resultados do plan de igualdade e as medidas acordadas (empeza a computar o prazo dos 15 días).
Delegación da comisión negociadora na persoa que fai a inscrición.
Documento do plan de igualdade asinado (todas as páxinas), polas persoas integrantes da comisión negociadora. Se só contén o resume diagnose, adoitan a solicitar a remisión (en documento aparte) do contido total da mesma (isto faise cando a empresa non desexa que os datos da diagnose sexan públicos).
Rexistro salarial e a auditoría retributiva.
Protocolo de prevención do acoso sexual e por razón de sexo/xénero. Outras actas de reunións.
Se tes outras dúbidas, queres saber mais, ou precisas asesoramento técnico personalizado, contacta co noso Gabinete Técnico de Igualdade.
[email protected]
981 555 888