CEG

 

Xa entrou en vigor o Convenio 190 da OIT. E agora, que?

Xa entrou en vigor o Convenio 190 da OIT.  E agora, que?

O 25 de maio de 2023 entrou en vigor en España o Convenio 190 da OIT (C190) sobre acoso e violencia no traballo.

Esta normativa, xunto con outras recentes que afectan o noso país (como a Lei 15/2022 de igualdade de trato e non discriminación), leva aparellada a revisión (profunda) dos Protocolos fronte ao acoso (e afecta, por tanto, tamén aos Plans de Igualdade). 

Esta norma internacional proporciona un marco común na prevención e eliminación do acoso e a violencia no ámbito laboral (incluíndo tanto o acoso como a violencia por razón de xénero).

Obxectivo explícito deste convenio: a erradicación da violencia e o acoso no “mundo do traballo” (un termo amplo que abarca situacións e colectivos que van máis aló da relación contractual). 

Aínda que, previsiblemente, no noso país se produza un desenvolvemento regulamentario (ou cambio normativo) para adecuar o marco laboral ao contido do Convenio 190, xa se poden sinalar cuestións importantes que deberán ter en conta as nosas organizacións coa entrada en vigor do convenio.

Autor
Confederación de Empresarios de Galicia
Editor
Confederación de Empresarios de Galicia
Financiamento
Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade
Gobierno de España
Ministerio de Trabajo y Economía Social
Servicio Público de Empleo Estatal (SEPE)
Dirección Xeral de Emprego
Xunta de Galicia
Formato
Electrónico
Información adicional
TwitterFacebook

Usamos cookies no noso sitio web para soportar características técnicas que melloran a súa experiencia de usuario.

Tamén usamos servizos de análise e estatísticas.