As nosas empresas son conscientes da necesidade de atraer e reter o talento (feminino e masculino).
Pero sabemos que aínda queda camiño por percorrer: persistencia de estereotipos, segregación ocupacional, teito de cristal, escasa presenza feminina en determinadas profesións e en postos de toma de decisións, o acoso no traballo…
Fundamental na fase de selección: a linguaxe, as imaxes e o contido ao ofertar a posto vacante e o enfoque das entrevistas persoais:
Redactar os anuncios nas formas feminina e masculina e describir o posto e/ou categoría de forma neutra ou que non descarte a ningunha candidatura.
Non usar termos asociados cos estereotipos masculinos; tan sinxelo como cambiar que o posto require competitividade, ambición, estilo agresivo e claro liderado por satisfacción polo traballo ben feito, creatividade, traballo en equipo e empatía.
Se se inclúen imaxes no anuncio, deben acompañar á linguaxe inclusiva.
Incluír na oferta “salario negociable”.
Nas entrevistas coas persoas candidatas, ter en conta a perspectiva de xénero: non facer preguntas persoais non relacionadas co posto (número de fillos, situación familiar…) e, ademais, ser conscientes que, a certas preguntas “supostamente neutras”, por cultura e roles históricos, homes e mulleres tenden a dar respostas diferentes.
Estas suxestións fanche pensar que che viría ben asesoramento personalizado?
No Gabinete de Igualdade da CEG temos persoal técnico para axudar ás empresas galegas nesta materia.
É un servizo financiado par a administración pública, sen custo para as empresas.
igualdade@ceg.es
981 555 888
Descarga o artigo e contáctanos!