Imos analizar os puntos quentes nas empresas relacionadas coa igualdade e o liderado feminino.
Falamos das principais barreiras que frean o ascenso das mulleres, e, polo tanto, a consecución da igualdade real no ámbito laboral:
• A plena dispoñibilidade como requisito para asumir un posto de alta dirección, que favorece máis ao colectivo masculino (probablemente, xunto coa conciliación, o freo máis importante á hora de promocionar).
• A dificultade para conciliar as esixencias do posto de traballo cos labores de coidado (de menores e maiores).
• Maior dedicación dos homes para xerar redes de apoio profesionais.
• Existencia de estereotipos e prexuízos.
• Presenza de sectores masculinizados e feminizados.
• Estratexia de negocio sen perspectiva de xénero.
• A falta de referentes femininos en postos clave.
• Persistencia de falsas crenzas como que “a muller se compromete menos que o home coa profesión e os valores organizacionais”.
• Funcións atribuídas aos sexos e estereotipos de xénero (que expresan e reproducen as expectativas sociais respecto a como deberían comportarse as mulleres e os homes).
• Conexión entre expectativas (compromiso, ambición, dispoñibilidade…) e o sexo da persoa.
Detectados os “puntos quentes” en cada organización, o paso seguinte é adoptar medidas que poidan impulsar a igualdade de oportunidades na carreira das mulleres cara a postos de dirección.
A modo de propostas:
➢ Medidas de flexibilidade (horarios, xornada, combinación de presencialidade e teletraballo…).
➢ Formación: tanto para o desenvolvemento de habilidades directivas como
de sensibilización para corrixir rumbos inconscientes.
➢ Medidas que fomenten a corresponsabilidade.
➢ Medidas de discriminación positiva.
➢ Cotas na alta dirección.
Coñeces máis barreiras e/ou medidas para enriquecer o xa exposto?
Descarga o artigo completo e cóntanos!