A palabra corresponsabilidade está por todas partes.
Pero, sabemos a diferenza entre corresponsabilidade no ámbito do fogar e no ámbito laboral?
Porque non é o mesmo (aínda que se persigan obxectivos similares).
O significado máis coñecido da palabra é a referida ao ámbito privado: “a repartición equilibrada das tarefas domésticas e das responsabilidades familiares, tales como a súa organización, o coidado, a educación e o afecto de persoas dependentes dentro do fogar, co fin de distribuír de maneira xusta os tempos de vida de mulleres e homes”.
No ámbito laboral, implica unha “reciprocidade” de responsabilidade entre empresa – cadro de persoal:
- O empresariado responsabilízase de coidar os intereses e necesidades persoais do seu cadro de persoal
- As persoas traballadoras responsabilízase das necesidades da empresa.
É dicir, a corresponsabilidade nas empresas supón:
- Negociación e comunicación para buscar solucións para ambas as partes.
- Flexibilidade como mecanismo para cubrir as expectativas da organización e do seu persoal.
Porque esta é a formulación necesaria para negociar a mellor forma de repartir a organización do tempo e das tarefas.
Tes dúbidas?
Seguiremos “debullando” este tema… pero, se necesitas aclaracións ou asesoramento técnico, contacta co noso Gabinete de Igualdade.
Axudámosche.
[email protected]
981 555 888