Galicia e Norte de Portugal melloraron notablemente os seus indicadores de desemprego nos últimos meses. Numerosas empresas de Galicia promoveron ampliacións e novas instalacións en territorio portugués.
Por outra banda, en 2017 detectouse en Galicia un incremento de sobre o 10% do número de traballadores portugueses contratados por empresas galegas.
O pasado día 9 de xullo foi publicado no Diario Oficial da UE a Directiva (UE) 2018/957 que modifica a Directiva 96/71/CE sobre o desprazamento de traballadores efectuado no marco dunha prestación de servizos, que deberá ser trasposta polos Estados membros durante os dous próximos años.
Así mesmo, o Tribunal de Xustiza da UE abordou este ano en dúas das súas Sentenzas en que medida a validez do documento portátil A1 que acompaña aos traballadores desprazados, pode ser cuestionado polos tribunais do Estado ao que se despraza o traballador. Tamén recoñeceron a validez do A1 expedido con carácter retroactivo, con posterioridade ao desprazamento.
Por último, cabe destacar, tal e como recolle este monográfico, que a Comisión Europea xa lanzou a súa proposta de planificación para o marco financeiro 2021-2027.