Co obxectivo de alcanzar a igualdade entre homes e mulleres no ámbito laboral, a normativa vixente obriga a elaborar e implantar un Plan de Igualdade a todas aquelas empresas/entidades/organizacións que teñan un persoal >= 50 persoas.
E as pemes e micropemes que non alcanzan esa cifra: non poden/deben facer nada?
Por suposto. Teñen dúas alternativas:
- Elaborar e implantar de forma voluntaria un Plan de Igualdade (iso si, cos mesmos requisitos que se fose obrigatorio).
- Implantar medidas alternativas ao Plan, o que se chaman Boas Prácticas en materia de Igualdade.
Para orientar e axudar, fundamentalmente, a esas pequenas empresas que se atopan na alternativa 2, desde o Gabinete de Igualdade da CEG imos impartir unhas pequenas pílulas formativas (en modalidade virtual) que en moi pouco tempo (1/2 hora) faciliten información de interese.
O día antes da formación, enviarase á dirección de correo electrónico facilitada polas persoas rexistradas, un correo coa ligazón ZOOM para conectarse á sesión.
Inscricións ás sesións que completan as accións formativas: Pode formalizar a súa inscrición ás restantes sesións formativas, accedendo ás seguintes ligazóns.
• 22 setembro: Protocolo de acoso
• 29 setembro: Selección, contratación e clasificación profesional
• 6 outubro: Promoción profesional e formación
• 20 outubro: Infrarrepresentación feminina e retribucións
• 27 outubro: Saúde laboral, acoso e transversalidade
13 de outubro de 2022
De 9:30h a 10h
Formación virtual (ZOOM). O día antes da formación, enviarase á dirección de correo electrónico facilitada polas persoas rexistradas, un correo coa ligazón ZOOM para conectarse á sesión.