CEG

 

Micro-pílulas Igualdade: Selección, contratación e clasificación profesional - 29/09/2022

Selección, contratación e clasificación profesional

Co obxectivo de alcanzar a igualdade entre homes e mulleres no ámbito laboral, a normativa vixente obriga a elaborar e implantar un Plan de Igualdade a todas aquelas empresas/entidades/organizacións que teñan un persoal >= 50 persoas.

 

E as pemes e micropemes que non alcanzan esa cifra: non poden/deben facer nada?

 

Por suposto. Teñen dúas alternativas:

  1. Elaborar e implantar de forma voluntaria un Plan de Igualdade (iso si, cos mesmos requisitos que se fose obrigatorio).
  2. Implantar medidas alternativas ao Plan, o que se chaman Boas Prácticas en materia de Igualdade.

Para orientar e axudar, fundamentalmente, a esas pequenas empresas que se atopan na alternativa 2, desde o Gabinete de Igualdade da CEG imos impartir unhas pequenas pílulas formativas (en modalidade virtual) que en moi pouco tempo (1/2 hora) faciliten información de interese.

 

O día antes da formación, enviarase á dirección de correo electrónico facilitada polas persoas rexistradas, un correo coa ligazón ZOOM para conectarse á sesión.

 

 

Inscricións ás sesións que completan as accións formativas: Pode formalizar a súa inscrición ás restantes sesións formativas, accedendo ás seguintes ligazóns.

• 22 setembro: Protocolo de acoso

• 6 outubro: Promoción profesional e formación

• 13 outubro: Condicións de traballo e conciliación

• 20 outubro: Infrarrepresentación feminina e retribucións

• 27 outubro: Saúde laboral, acoso e transversalidade

 

                        Co financiamento de:
Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade   SEPE

Data

29 de setembro de 2022

Hora

De 9:30h a 10h

Lugar

Formación virtual (ZOOM). O día antes da formación, enviarase á dirección de correo electrónico facilitada polas persoas rexistradas, un correo coa ligazón ZOOM para conectarse á sesión.

Organiza
Confederación de Empresarios de Galicia
Formulario
TwitterFacebook

Usamos cookies no noso sitio web para soportar características técnicas que melloran a súa experiencia de usuario.

Tamén usamos servizos de análise e estatísticas.