Na feira internacional SMM 2022 en Hamburgo terá lugar o encontro empresarial "MariMatch at SMM 2022” durante os días 8 e 9 de setembro no pavillón B4 (planta alta entrada Este), en horario de 10:00 Am a 5:30 Pm. O evento está orientado tanto a solucións innovadoras para a sustentabilidade e a dixitalización, como á oportunidade de coñecer potenciais socios comerciais.
Marimatch en SMM 2022 ofrece a posibilidade de manter reunións entre empresas de 20 minutos, que previamente se establecen a través dunha plataforma en liña. Ademais, é posible solicitar previamente ou alí no sitio, información sobre posibilidades de financiamento do sector marítimo para proxectos de investigación, desenvolvemento e innovación marítimos, mesmo visitas guiadas en cooperación coa Agrupación industrial Marítima do Norte de Alemaña.
A participación non ten custo para os expositores e visitantes de SMM, grazas ao financiamento público da EEN que procede da Unión Europea.
O procedemento para participar é moi sinxelo:
- É necesario o rexistro da empresa a través de botón“Register now” que atopará nesta ligazón https://marimatch-smm2022.b2match.io/home.
É importante indicar a súa dispoñibilidade horaria para a axenda de reunións. - Debe incorporar no perfil, información da súa empresa e o seu interese en cooperación.
A información debe de ser clara e de interese para o posible socio. - Explorar os perfís dos asistentes.
A CEG tamén lle facilitará esta información. - Enviar e recibir solicitudes de reunión (é necesario aceptar as reunións para que posteriormente se incorporen a axenda e programen).
A posibilidade de rexistro estará aberta ata o 5 de setembro e antes do encontro cada empresa recibirá a súa axenda de reunións.
Informar tamén que a plataforma conta cunha App "b2match" para IOS/Android, que permite o acceso á axenda de reunións, información sobre as reunións e sobre calquera cambio de última hora (aceptacións, cancelacións,…)
Rexistro antes do 5 de setembro de 2022