Acerca da Enterprise Europe Network
A Enterprise Europe Network é unha iniciativa da Comisión Europea xestionada pola Axencia Executiva do Consello Europeo de Innovación e Pemes (EISMEA) que ten como obxectivo mellorar a competitividade e lograr un crecemento sostible das empresas europeas, en especial das pemes. É unha das maiores redes de apoio á empresa a nivel mundial e conta cos expertos de máis de 600 organizacións que a integran, recoñecidas pola súa excelencia no apoio empresarial.
Servizos
Procura de socios en mercados estranxeiros
- Promoción e asistencia para a participación en reunións bilaterais internacionais para a adopción de acordos comerciais.
- Asistencia para a elaboración de perfís comerciais e a súa difusión para promover a cooperación empresarial
Se desexa máis información sobre algunha oportunidade comercial, envíe un e-mail indicando a referencia a euroinfo@ceg.es
Crecemento e desenvolvemento empresarial internacional
- Información e asesoramento sobre internacionalización e libre circulación de mercadorías e traballadores.
- Información e asesoramento sobre a libre prestación de servizos transnacional.
- Organización de eventos para a información ou formación en diversos temas relacionados coa internacionalización das actividades empresariais.
Acceso ao financiamento
- Información e asesoramento personalizado sobre o acceso a financiamento, en especial en fondos UE.
- Información e asesoramento para a participación en proxectos e programas da UE.
- Organización de xornadas e seminarios especializados sobre financiamento e participación en proxectos europeos.
Participación no proceso de adopción de decisións
- Promover a participación interactiva das empresas nas políticas da Unión Europea.
- Interlocución e contacto coas Institucións Europeas.
- Asesoramento ás empresas sobre normativa da UE de interese.
Fomento da competitividade empresarial
- Información e asesoramento sobre a transformación dixital das empresas, así como a difusión ou organización de eventos informativos sobre as oportunidades das tecnoloxías dixitais.
- Información e concienciación sobre sustentabilidade co obxectivo de avanzar cara a unha xestión empresarial equilibrada entre medio, sociedade e economía.
- Información e orientación sobre cuestións derivadas da xestión da propiedade intelectual e sensibilización sobre a protección da propiedade intelectual mediante a organización de eventos.
O noso consorcio EEN
A Confederación de Empresarios de Galicia é membro da Enterprise Europe Network a través do Consorcio Galactea Plus que integra a distintas organizacións das rexións de Galicia, Asturias, Cantabria, e Castela León:
- Fundación para el Fomento en Asturias de la Investigación Científica Aplicada y la Tecnología_FICYT
- Agencia de Ciencia, Competitividad Empresarial e Innovación Asturiana_SEKUENS
- Federación Asturiana de Empresarios_FADE
- Cámara Oficial de Comercio Industria y Navegación de Cantabria_COCIN
- Sociedad para el Desarrollo regional de Cantabria_SODERCAN
- Fundación Servicios Empresariales_CEOE CEPYME Cantabria
- Axencia Galega de Innovación_GAIN
- Confederación de Empresarios de Galicia_CEG
- Instituto para la Competitividad Empresarial de Castilla y León_ICE
- Confederación de Organizaciones Empresariales de Castilla y León_CEOE Castilla y León