CEG

 

Encuentro empresarial on line HORECA, GASTROFOD, ENOEXPO CONXEMAR B2B 3-5/10/2023

EEN events

A Confederación de Empresarios de Galicia colabora na organización do evento empresarial online HORECA, GASTROFOOD, ENOEXPO 2023 - BROKERAGE EVENT, organizado pola Enterprise Europe Network de Cracovia, Polonia, no marco da 30ª Feira Internacional de Equipamento para Hoteis e Catering HORECA® especializada no sector da restauración e a hostalería, xunto coa 20ª Feira Internacional do Viño ENOEXPO®.  

 

O evento HORECA, GASTROFOOD, ENOEXPO 2023 ten como obxectivo promover a celebración de reunións de negocios entre os distintos actores do sector, entre eles:

  • Produción de alimentos e bebidas: tradicionais, orgánicas, "free from", etc.; produtos conxelados, xeados; produtos lácteos; cereais, produtos a base de fariña; alimentos enfornados; froitas e verduras (frescas, deshidratadas, en conserva); doces e pastelería; refrescos, café, té, ...
  • Turismo gastronómico e enolóxico; Importadores e distribuidores de viño; especialistas en compra de viño; tendas especializadas en viños; produtores de viño;
  • Equipamento para hoteis, restaurantes, cafetarías; pastelerías, panaderías, hoteis, etc.; produtos e compoñentes para o sector HORECA;
  • Hotellerie: servizos para hoteis e instalacións de aloxamento, enxeñería e arquitectura, deseño; márketing, comunicación e consultaría; solucións de embalaxe; máquinas expendedoras; mobles e deseño de interior e exterior; Vaixela, cubertos, mantelearía, pratería, porcelana, pratos, vasos, complementos, etc.;
  • Sistemas e software informático para hoteis e servicios de restauración; equipamentos audiovisuais e telecomunicacións;  

As reunións empresariais B2B terán lugar en formato virtual do 8 ao 22 de novembro de 2023.  

A posibilidade de rexistro estará aberta ata o 6 de novembro e antes do encontro cada empresa recibirá a súa axenda de reunións.  

¿Por que participar?

  • As empresas participantes terán a oportunidade de reunirse bilateralmente en reunións preestablecidas de 30 minutos para:
  • Explorar oportunidades de negocio e/ou entrar en novos mercados.
  • Identificar socios potenciais para proxectos de I+D e transferencia de tecnoloxía. Intercambiar mellores prácticas e coñecementos sobre prácticas, materiais e estratexias innovadoras.

¿Como participar?

1. Cómpre rexistrarse na plataforma https://horeca-gastrofood-enoexpo-2023.b2match.io/  A participación é gratuíta.

2. Publicar un perfil con información sobre a súa empresa e a súa intención de colaboración. 3. Explora-la lista de participantes e solicitar reunións coas empresas de interese  

Desde a CEG facilitaremos todo o apoio posible para a participación, tanto para a revisión dos perfís, recomendación de reunións en función do interese de cada empresa, envío das axendas ou calquera outra consulta que se poida formular.

 

Organiza
Enterprise Europe Network
Colabora
Confederación de Empresarios de Galicia
TwitterFacebook

Usamos cookies no noso sitio web para soportar características técnicas que melloran a súa experiencia de usuario.

Tamén usamos servizos de análise e estatísticas.