CEG

 

Sustentabilidade social empresarial e benestar laboral

Sustentabilidade social empresarial e benestar laboral

Se falamos de crecemento sustentable das empresas, e de igualdade entre mulleres e homes no ámbito laboral...debemos afacernos a manexar estes conceptos. Coñécelos?

Porque na nova Lei 7/2023, para a igualdade efectiva de mulleres e homes de Galicia, publicada no DOGA do 11 de decembro de 2023, veñen definidos no seu artigo 40:

a) Enténdese por sustentabilidade empresarial o modelo de xestión integral e a longo prazo que pretende lograr o crecemento sustentable, ético e equilibrado da empresa ou da entidade do terceiro sector, mediante a integración plena das dimensións económica, social e ambiental en cada estratexia, proceso e elemento da cadea de valor daquela, incidido en toda a súa cultura organizacional e na consecución de mellores índices de benestar laboral, así como a mellora e o avance das condicións económicas, sociais e ambientais da comunidade e do territorio en que se integre. 

b) Enténdese por sustentabilidade social empresarial aquela parte da sustentabilidade empresarial que integra plenamente na xestión e no funcionamento da empresa ou da entidade do terceiro sector as seguintes dimensións de actuación: 

1.    Interna: factores relativos á igualdade de trato e de oportunidades entre homes e mulleres, a igualdade de xénero, a igualdade de retribución por un traballo do mesmo valor, a conciliación da vida privada e da vida laboral, a formación e o desenvolvemento das capacidades do seu persoal, o traballo saudable e seguro ou as medidas contra a violencia e o acoso que inciden na consecución de mellores índices de benestar laboral. 

2.    Externa: factores que, de acordo co principio de solidariedade e compromiso coas comunidades e contornos en que se insiren, favorecen o desenvolvemento local e a cohesión social e territorial. 

c) Enténdese por benestar laboral a mellora das condicións laborais e a calidade de vida das persoas traballadoras como consecuencia de a empresa ou a entidade do terceiro sector aplicar medidas de sustentabilidade social empresarial, principalmente na súa dimensión interna.

Precisas apoio técnico ou asesoramento?

Contacta co noso Gabinete: 
[email protected]
981 555 888

 

Autor
Confederación de Empresarios de Galicia
Editor
Confederación de Empresarios de Galicia
Formato
Electrónico
TwitterFacebook

Usamos cookies no noso sitio web para soportar características técnicas que melloran a súa experiencia de usuario.

Tamén usamos servizos de análise e estatísticas.