Sección: Cousiñas sobre o Plan de Igualdade
Capítulo 4. Vixencia do Plan
Cando se alcanza a cifra de 50 persoas traballadoras na empresa, de acordo co sinalado no capítulo anterior, nace a obriga de negociar, elaborar e implantar un Plan de Igualdade.
Período de vixencia do plan: máximo 4 anos.
Importante ter en conta o seguinte:
Unha vez constituída a comisión negociadora do plan, e ata que a conclusión do período de vixencia acordado neste (non > a 4 anos, pero pode ser inferior se se considera conveniente), aínda que a empresa baixe do número de 50 persoas no cadro de persoal, a obriga e o Plan manterá a súa vixencia.
En datas próximas, o capítulo 5 desta sección: Plan de Igualdade vs centros de traballo da empresa.
Se tes outras dúbidas, queres saber mais, ou precisas asesoramento técnico personalizado, contacta co noso Gabinete Técnico de Igualdade.
[email protected]
981 555 888