Sección: Cousiñas sobre o Plan de Igualdade
Cap.8. Empresa externa na elaboración do diagnóstico e o informe de diagnose.
No capítulo anterior relacionábanse as materias que convén analizar na diagnose previa do Plan de Igualdade.
Entón, se temos esa información, pódeselle dar a unha consultora externa para que realice a diagnose e o informe diagnose, cando a propia empresa non teña os medios humanos necesarios para levalo a cabo?
A normativa é clara:
A diagnose debe ser realizada e negociada pola representación da empresa e a RLPT, as dúas partes que forman a comisión negociadora. Estas partes poden ter apoio e asesoramento externo especializado na materia, que pode ser contratada para determinados traballos, como por exemplo a recollida e presentación de datos. Pero esa consultora externa NON pode substituír a obriga da empresa e a RLPT.
En datas próximas, o capítulo 9 desta Sección: Cambios no Plan de Igualdade xa asinado.
Se tes outras dúbidas, queres saber mais, ou precisas asesoramento técnico personalizado, contacta co noso Gabinete Técnico de Igualdad.
981 555 888