Imos falar da “fuxida de talento”, esa expresión que sae con demasiada frecuencia nos medios de comunicación e que se produce cando persoas cualificadas, para mellorar a súa calidade de vida:
• Abandonan a empresa na que traballan, para emprender unha nova vida laboral noutra organización.
• Migran a outros países en busca de (mellores) oportunidades laborais.
Falamos dun grave problema ao que se enfronta o tecido empresarial galego, español (e a sociedade en xeral).
Os continuos cambios e desafíos aos que nos estamos enfrontando nos últimos anos (crise económica, crise sanitaria, conflito bélico…), fixéronnos valorar, máis que nunca, o que se denomina “emprego de calidade”, sen esquecer a necesaria flexibilidade e adaptación ás circunstancias de produción e prestación de servizos na empresa.
A que fai referencia esta expresión? Pois a factores que inflúen de forma moi positiva no benestar emocional da persoa traballadora, e repercutindo, directamente, no seu nivel de rendemento, de motivación, de satisfacción... factores que van máis aló da retribución.
E, se é necesario (aínda que doia), MÁIS ALÓ DA MORRIÑA.
Debemos evitar que marchen, porque as estatísticas dinnos que é moi difícil “recuperar” o talento “fuxido”.
Le o artigo completo!