CEG

 

Igualdade de xénero na empresa

Igualdade de xénero na empresa

A igualdade de xénero nas empresas non significa que a organización contrate o mesmo número de mulleres e homes. 

Está relacionado coas condicións de traballo dunhas e outros. 

Refírese a que teñan os mesmos dereitos, oportunidades e responsabilidades dentro das organizacións. Que mulleres e homes poidan acceder ao emprego, mantelo e mellorar a súa carreira profesional e as súas posibilidades de promoción nas mesmas condicións. 

E, por suposto, tamén se refire á igualdade salarial, que cobren o mesmo por un traballo de igual valor. 

Atendendo ao que indica a Organización Internacional do Traballo (OIT) pódese considerar que existe igualdade de xénero nunha empresa se na mesma danse as seguintes condicións:

a.    Fomento, desde a dirección da organización, da corresponsabilidade e mesmas condicións de flexibilidade laboral para a conciliación da vida laboral e familiar para mulleres e homes.
b.    Igual remuneración por traballo de igual valor.
c.    Igualdade de condicións de traballo.
d.    Igualdade de trato no emprego. 
e.    Mesmas oportunidades para o acceso, a formación e o desenvolvemento profesional.
f.     Mesmas oportunidades para a participación na negociación colectiva.
g.    Mesmo nivel de participación na toma de decisións en todos os niveis da empresa. 

Ademais, convén non esquecer o seguinte: 

    A inclusión de máis mulleres naqueles departamentos ou áreas nas que estean infrarrepresentadas, así como nos postos de dirección, responsabilidade e toma de decisións da organización, que permitirá integrar o punto de vista feminino e a ter presente a perspectiva de xénero
    O importante papel que xogan, na consecución da igualdade, a sensibilización, concienciación e formación en materia de igualdade de xénero nas empresas.

Se necesitas asesoramento técnico, contacta co persoal do noso Gabinete de Igualdade.

[email protected]
981 555 888

Autor
Confederación de Empresarios de Galicia
Editor
Confederación de Empresarios de Galicia
Financiamento
Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade
Gobierno de España
Ministerio de Trabajo y Economía Social
Servicio Público de Empleo Estatal (SEPE)
Dirección Xeral de Emprego
Xunta de Galicia
Formato
Electrónico
TwitterFacebook

Usamos cookies no noso sitio web para soportar características técnicas que melloran a súa experiencia de usuario.

Tamén usamos servizos de análise e estatísticas.