Placebo (DRAG):
Substantivo masculino. Medicina. Preparado farmacéutico carente de acción terapéutica que se subministra para determinar a eficacia dun fármaco ou para obter efectos de curación por medio da suxestión.
Efecto placebo:
É o que aparece cando se experimentan beneficios tras inxerir unha substancia sen propiedades farmacolóxicas. Sábese que o efecto placebo ten un efecto medible na saúde. Aínda que o tratamento/terapia/medicamento por si só non ten un efecto curativo, provoca a crenza de que si a vai a producir. Esta suxestión é a que por si mesma provoca a melloría.
O que quizais sexa menos coñecido é que o efecto placebo funciona mesmo cando sabemos que o tratamento que recibimos é un placebo, algo que se puido comprobar en distintos experimentos. Isto non significa que os síntomas sexan imaxinarios, pero si apunta a unha forte
conexión mente-corpo.
Efecto nocebo:
Prodúcese como resultado de expectativas e crenzas negativas que poden reducir a eficacia das terapias ou desencadear efectos secundarios negativos tras recibir unha substancia puramente inocua. Moitas patoloxías psicosomáticas teñen a orixe neste efecto.
E no ámbito da igualdade en España existe o “efecto placebo”? E se nos asomamos ao ámbito laboral…
Un aumento da normativa e esixencia na materia consegue realmente que empresas e cadros de persoal pensen e se comporten de forma máis igualitaria?
Os obrigatorios protocolos fronte ao acoso serven só para disuadir ás persoas “acosadoras”, ou realmente están a conseguir reflexionar e cambiar a forma de pensar e as actitudes e comportamentos inadmisibles?
Ofrecer beneficios para as empresas que teñan implantado un plan de igualdade consegue que as organizacións e os seus cadros de persoal realmente se impliquen en ser máis igualitarias e inclusivas?
Apostar pola implantación de medidas encamiñadas a lograr a igualdade mellora realmente o rendemento e a produtividade do persoal e os beneficios empresariais?
Como podemos saber se as medidas realmente funcionan?
E se funcionan, cal é a magnitude do seu impacto?
Se non temos respostas claras e obxectivas a estas preguntas, os planes de igualdade, as medidas que se implanten, os códigos de boas prácticas... Poden acabar como un efecto placebo... ou nocebo!!!
Se non sabes as respostas, ou tes dúbidas, dende o Gabinete de Igualdade da CEG, asesoramos e acompañamos ao tecido empresarial con presencia en Galicia.
Descarga e le o artigo completo!