Nesta edición analízase como ten sido trasposta a Directiva 2014/67/UE relativa á garantía de cumprimento da Directiva 96/71/CE2 sobre desprazamento de traballadores nos distintos Estados membro con especial atención á súa transposición ao ordenamento xurídico español e portugués.
Tamén se examinan as principais novidades derivadas da modificación do Código do Trabalho portugués entradas en vigor o 1 de outubro, así como unha análise pormenorizada dos principais tipos de contrato de traballo en Portugal.
Nesta ocasión, grazas á colaboración da Associação Empresarial de Viana do Castelo informamos tamén sobre a medida Converte+ que ofrece apoio financeiro para a conversión de contratos de traballo a termo en contratos de traballo sen termo.