Escritora, feminista e activista dos dereitos humanos, durante a súa vida simultaneou a literatura cunha dimensión política, publicando obras a favor dos colectivos máis desfavorecidos, colaborando con institucións benéficas, creando unha sociedade dedicada á construción de casas a prezos alcanzables para a clase obreira e loitando por mellorar as condicións nas que se atopaban as persoas encarceradas.
As súas ideas feministas foron moi avanzadas para o seu tempo. Nas súas obras cuestiona o sistema patriarcal e reivindica a capacidade intelectual da muller e o seu dereito a recibir unha educación que lle permita desempeñar calquera profesión nas mesmas condicións que os homes.
Tivo apoio masculino. Por unha banda, a influencia dun pai (Anxo Arenal, que acabou sendo perseguido, xulgado e confinado como outros liberais da súa época), con firmes conviccións persoais de loitar polo que cría xusto, e, por outra, contraer matrimonio cun home avanzado para a época (o avogado e xornalista Fernando García Carrasco), que entendía as aspiracións de Concepción e contemplábaa nun plano de igualdade, determinante para que puidese dedicar o seu tempo ás súas inquietudes sociais e humanitarias.
Outra proba máis da importancia de que os homes participen de forma activa no impulso da igualdade de oportunidades para as mulleres. É a forma segura de chegar a alcanzar unha igualdade real.
Descarga e le todo o artigo!