CEG

 

17 de maio de 2023: Día das Letras Galegas

17 de maio de 2023: Día das Letras Galegas

O 17 de maio de cada ano celébrase o Día das Letras Galegas. Este ano dedicarase ao lucense Francisco Fernández del Riego, fundador da Editorial Galaxia, que, destaca a RAG, “foi un loitador cultural incansable… respectado por todos e aberto ás diversas manifestacións do galeguismo".

A elección para esta celebración: coincidindo co día da publicación (en 1863, en Vigo) do primeiro exemplar da obra de Rosalía de Castro “Cantares Gallegos”, reflicte o rexeitamento da autora aos prexuízos contra a súa terra, á vez que deixa constancia dos costumes sociais e culturais galaicos desa época. 

Queremos, polo tanto, aproveitar o Día das Letras Galegas para, ademais de reivindicar a súa figura como o punto de partida do “renacemento” cultural galego, destacar a súa contribución no impulso da igualdade de mulleres e homes. 

Feliz Día das Letras Galegas!
Sigamos impulsando a igualdade!
 

Autor
Confederación de Empresarios de Galicia
Editor
Confederación de Empresarios de Galicia
Financiamento
Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade
Gobierno de España
Ministerio de Trabajo y Economía Social
Servicio Público de Empleo Estatal (SEPE)
Dirección Xeral de Emprego
Xunta de Galicia
Formato
Electrónico
TwitterFacebook

Usamos cookies no noso sitio web para soportar características técnicas que melloran a súa experiencia de usuario.

Tamén usamos servizos de análise e estatísticas.