CEG

 

Seminario Fiscalización de traballadores e empresarios españois con actividade en Portugal - 18/10/2019

Seminario de Fiscalidade

A fiscalización é unha das cuestións que máis condicionan as decisións empresariais e as decisións dos traballadores á hora de prestar servizos, circular ou establecerse por outro Estado. Antes de adoptar calquera iniciativa e facer unha estimación xusta da súa rendibilidade, é necesario coñecer as implicacións fiscais desta. España e Portugal, son dous estados veciños que, ademais de pertencer á Unión Europea, teñen un acordo bilateral para evitar a dobre imposición. Non obstante, é necesario coñecer e aplicar o sistema xurídico interno de ambos os países para adoptar as mellores decisións e evitar situacións ou custos imprevistos. O seminario proposto abordará desde a perspectiva da normativa española e portuguesa as implicacións da mobilidade tanto de empresas como profesionais e traballadores, xa sexa con establecemento ou residencia permanente do outro lado da liña ou coa mera prestación de servizos transfronteirizo.

Data

18 de outubro de 2019

Hora

De 09.15 a 14.00 horas

Lugar

Sede da CEG (Rúa do Vilar, 54, Santiago de Compostela)

Organiza
Confederación de Empresarios de Galicia
Eures
Patrocina
Unión Europea
Inscrición

Servicio de Información Comunitaria e Innovación (SICI):

Tel.: 981.555.888

Email: [email protected]

Máis información

Para cumprir co obxectivo do seminario contarase coa intervención de tres xuristas especializados en fiscalización española e portuguesa, e todos eles expertos en fiscalización internacional, que presentarán as implicacións que desde o seu respectivo estado de orixe ten para traballadores e empresarios a actividade de operadores galegos en Portugal.

TwitterFacebook

Usamos cookies no noso sitio web para soportar características técnicas que melloran a súa experiencia de usuario.

Tamén usamos servizos de análise e estatísticas.