CEG

 

A organización empresarial galega considera inxustas as peaxes en Galicia, factor que lastra a competitividade

Peaxes autopistas Galicia

O que podería constituír un elemento de contribución ao desenvolvemento de Galicia como son as autoestradas -para a vertebración do territorio tanto dentro da comunidade como co seu exterior- converteuse nun lastre para a competitividade das nosas empresas porque hai algúns puntos da nosa xeografía que se están quedando illados por culpa do prezo das peaxes.

E é que por unha banda somos a comunidade que máis quilómetros de autoestradas de peaxe temos do territorio nacional mentres que por outro son no seu conxunto unas da máis caras de España. A organización empresarial galega considera esta realidade de total inxustiza. Non é de recibo que as peaxes das dúas autoestradas estatais en Galicia sexan os únicos que subisen este ano por encima do 2% nos tramos principais dentro de una mesma provincia, e que se atopen entre as tarifas máis altas por quilómetro percorrido de toda España.

Así as cousas, tamén temos que congratularnos de que a nosa comunidade acaba de dar un paso crucial para xestionar a súa principal vía de comunicación grazas a que o Congreso dos Deputados decidise tomar en consideración hai uns días a proposta unánime do Parlamento galego para que se traspase á Xunta a Autoestrada do Atlántico (AP-9). E é que esta realidade supoñería non só a titularidade e competencias do Executivo autonómico sobre o réxime de concesión da vía, senón tamén o das funcións e servizos exercidos ata o de agora polo Estado, permitindo poñer fin ou rebaixar o prezo das peaxes que cobra a empresa concesionaria.

 

TwitterFacebook

Usamos cookies no noso sitio web para soportar características técnicas que melloran a súa experiencia de usuario.

Tamén usamos servizos de análise e estatísticas.