CEG

 

A CEG traslada ao candidato socialista á Xunta a necesidade de que Madrid atenda as necesidades de Galicia

A CEG traslada ao candidato socialista á Xunta a necesidade de que Madrid atenda as necesidades de Galicia

A Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) mantivo un encontro co candidato do PSdeG-PSOE á Xunta de Galicia, José Ramón Gómez Besteiro.

Os empresarios e empresarias galegas piden "maior atención de Madrid aos problemas e necesidades de Galicia e para iso que dende o novo goberno autonómico se esixa e siga dita atención", para poder abordar as necesidades máis urxentes en materia de infraestruturas, dando prioridade ao Corredor Atlántico; así como para recibir apoio e fondos Next Generation para acometer eses proxectos prioritarios na nosa rexión; sen esquecer a regulación e xestión do litoral, do que dependen moitas empresas e familias neste momento.

O presidente da CEG, Juan Manuel Vieites, asegura que "o novo goberno que salga das próximas eleccións o mes de febreiro, en Galicia, debe ser sensible ás necesidades das empresas: debe ser consciente do papel capital que xogan na xeración de riqueza e emprego".

Neste sentido, dixo que "dende a CEG pedirémoslle que aposte, definitivamente e sen condicións, pola plena igualdade de trato da nosa comunidade autónoma no ámbito estatal. É necesario que Galicia poida despregar as súas competencias nun plano de igualdade co resto de CCAA, en especial coas comunidades históricas. É necesario tamén que se dea un tratamento xusto e igualitario no sistema de financiamento autonómico, no acceso aos fondos europeos e no desenvolvemento das infraestruturas necesarias para a vertebración de Galicia coa Península Ibérica e con Europa".

Vieites trasladou ao candidato socialista a aspiración de "contar cun goberno comprometido con Galicia e esixente en España e Europa na defensa dos nosos intereses, especialmente nos que nos afectan de modo particular, como os do sector agrícola ou do sector mar industria, incluída a pesca, o desenvolvemento das infraestruturas de transporte, a enerxía e o desenvolvemento industrial de Galicia".

Contar cun sistema de infraestruturas adecuado en Galicia, é unha condición fundamental para a competitividade das empresas e para o desenvolvemento económico e social do territorio. Lembran que "o ritmo de execución das mesmas e por tanto de investimento non foi áxil, acumulando atrasos moi importantes, que condicionan a competitividade tendo en conta a situación periférica do territorio galego. É imprescindible asegurar a incorporación aos orzamentos do Estado e da comunidade autónoma as partidas necesarias para abordar as infraestruturas pendentes nos prazos previstos, pero tamén que se executen efectivamente os orzamentos, pois de nada serve a súa incorporación ao orzamento se finalmente non se executan, como ocorreu durante moitos anos".

Por iso, instan a "manter un marco de comunicación estable co goberno de Galicia, para facer propostas e analizar a evolución dos plans ou disposicións previstas para a nosa comunidade autónoma a nivel europeo, estatal ou a nivel autonómico". 

Subliñan que "é inaprazable o pleno despregamento do Corredor Atlántico de mercadorías para contribuír á cohesión territorial dos territorios do noroeste co resto de España e coa UE; para situarse como un territorio competitivo, capaz de atraer investimento e talento; para ser un nodo de conexión intercontinental; e para combater o despoboamento a través dunha rede de infraestruturas dignas".

O presidente da CEG lembra a Besteiro que "contar cos empresarios, como parte directamente afectada polas infraestruturas de transporte tanto en calidade de usuarios como de operadores, será clave para a planificación e identificación de necesidades. Estamos xa no Corredor: agora necesitamos un plan director e compromisos e obras concretas, acompañadas dos recursos necesarios para iso".

Con respecto aos proxectos industriais galegos, sinala que "a transición enerxética e o cambio do modelo produtivo non serán posibles sen sentar as bases da colaboración entre as diferentes administracións con competencias en materia enerxética e a axilización nas tramitacións de proxectos, para así protexer e atraer investimentos, evitar a obsolescencia das tecnoloxías e favorecer a mellora competitiva con respecto a outros países. Así como garantir que a modificación da planificación eléctrica 2021-2026 sexa clara e adecuada para asegurar a viabilidade dos proxectos estratéxicos que actualmente se están desenvolvendo no marco dos obxectivos de descarbonización e reindustrialización".

Por último, o empresariado galego urxe "defender os intereses galegos en relación coa normativa reguladora de costas e ordenación do litoral. É necesario un marco que dea seguridade xurídica e protección aos establecementos do litoral xa existentes e aos de nova creación. Por iso, avogamos por unha resolución áxil deste conflito, propondo a constitución dunha Comisión Bilateral Estado - Galicia, pois coa interposición do recurso de inconstitucionalidade queda parcialmente en suspensión esta lei, provocando que as empresas que teñen actividades no litoral enfróntense a unha situación de inseguridade xurídica e de bloqueo. Neste momento, está a facerse unha interpretación ríxida do marco xurídico, considerando unicamente cando se refire a instalacións de acuicultura, e non permite practicar modificacións que resultan moitas veces imprescindibles para manter a actividade".

TwitterFacebook

Usamos cookies no noso sitio web para soportar características técnicas que melloran a súa experiencia de usuario.

Tamén usamos servizos de análise e estatísticas.