CEG

 

A CEG traslada á alcaldesa de Compostela a necesidade de atraer investimentos empresariais e ofrecerlles condicións competitivas

A CEG traslada á alcaldesa de Compostela a necesidade de atraer investimentos empresariais e ofrecerlles condicións competitivas
A CEG traslada á alcaldesa de Compostela a necesidade de atraer investimentos empresariais e ofrecerlles condicións competitivas

O presidente da Confederación de Empresarios de Galicia (CEG), Juan Manuel Vieites, reuniuse coa alcadesa de Santiago de Compostela, Goretti Sanmartín.

Durante o encontro, dende a CEG aludiron a que a actividade empresarial de Santiago de Compostela está centrada no sector servizos, "pero entendemos que é unha cidade con potencial industrial, entre outras razóns, pola universidade que alberga. Santiago debe incrementar o peso do PIB Industrial e dar saída ao talento que xera na súa universidade. Para iso, é necesario atraer proxectos e investimentos e ofrecerlles condicións competitivas".

O polígono do Tambre é unha zona industrial que, sumada ás de Costa Vella, A Sionlla e Boisaca, concentra máis de 600 firmas e máis de nove mil persoas traballadoras. Non hai parcelas dispoñibles á venda para unha demanda que supera hoxe o cincuenta mil metros cadrados. Iniciouse a tramitación do plan de ordenación do futuro ámbito, cunha superficie de 407.500 m2 e contiguo ao actual parque.

A previsión da empresa pública Xestur Galicia é que a finais de 2025 se poida convocar o concurso para a adxudicación das parcelas previstas e, ao mesmo tempo, licitar as obras de urbanización do novo ámbito, o que permitirá axilizar tamén o asentamento posterior das empresas.

Por iso, dende a CEG sinalan que "o novo solo industrial en Santiago tardará un tempo amplo, pero non será suficiente para cubrir a demanda polo que é preciso avogar por impulsar novas áreas. Faise preciso apelar á colaboración de todas as administracións implicadas para garantir o futuro dunha das áreas empresariais compostelás máis puxantes e na que tanto a elevada demanda inscrita nos últimos anos como a evolución das adxudicacións fan necesaria a ampliación da oferta de chan industrial".

Fomento da industrialización da cidade

Así mesmo, sinalan que o biopolo da Sionlla, "persegue converter a Santiago nun referente internacional da industria da biotecnoloxía, non só é unha iniciativa de vital importancia para a cidade compostelá e a súa área de influencia, senón para toda Galicia. A biotecnoloxía pode marcar un antes e un despois no sector industrial en Santiago".

Doutra banda, falaron da inauguración do novo orbital no pasado mes de xuño, que "supuxo un fito despois de catro anos en obras que permite axilizar e desconxestionar as entradas de tráfico pesado á cidade desviándoo ao tres polígonos de Santiago (Tambre, Costa Vella e A Sionlla). Pero o novo reto será a continuidade do proxecto: O orbitaliño para conectar o o orbital (A54 e AP9) coa N-550 e a dotación de novo chan industrial e a ampliación da capacidade industrial con novos polígonos", destacan. 

Axilización das licenzas municipais

Así mesmo, Vieites fixo fincapé en que "é preciso incidir na axilización dos prazos de resolución das licenzas e permisos municipais, en especial as de obras ou rehabilitación. Os prazos excesivamente prolongados dificultan a actividade produtiva".

Do mesmo xeito, insistiu tamén en que os prazos de pago redúzanse e axusten aos 30 días que outorga a normativa, para evitar tensións financeiras aos provedores.

TwitterFacebook

Usamos cookies no noso sitio web para soportar características técnicas que melloran a súa experiencia de usuario.

Tamén usamos servizos de análise e estatísticas.