CEG

 

A CEG reclama flexibilidade nos ERTEs para adaptalos á recuperación gradual da actividade económica

Flexibilidade dos ERTEs

Tras a aprobación onte polo Consello de Ministros do Plan para a Transición cara a unha Nova Normalidade que establece os principais parámetros e instrumentos para a adaptación do conxunto da sociedade á nova normalidade, coas máximas garantías de seguridade, tras a crise provocada polo  COVID-19, a CEG pon o acento na necesidade, máis imperiosa que nunca, de dotar de flexibilidade aos  ERTE para sincronizalos coa recuperación gradual da actividade e dotar de liquidez ás persoas traballadoras afectadas polos mesmos. Doutra forma, sería en balde todo o esforzo levado a cabo para preservar o emprego e moitas empresas e autónomos veranse abocados a desaparecer.

A pesar de valorar como positivo o plan no sentido de permitir o tan necesario movemento da economía para volver coller ritmo, está fóra de toda dúbida que é necesario completalo con medidas complementarias que o doten de claridade e concreción.

Para iso, máis que nunca, é fundamental contar coa participación activa das empresas e as súas organizacións representativas na definición das condicións e procedementos deste proceso de  desescalada, que garantan por unha banda a saúde e por outro a necesaria seguridade xurídica e viabilidade dos procesos produtivos e de prestación de servizos.

Por último, a CEG considera que a provincia non é a unidade xeopolítica adecuada para desenvolver calquera plan de  desescalada porque está superada pola operatividade das comunidades autónomas. 
 

TwitterFacebook

Usamos cookies no noso sitio web para soportar características técnicas que melloran a súa experiencia de usuario.

Tamén usamos servizos de análise e estatísticas.