As institucións europeas ofrecen prácticas profesionais ao longo do ano co obxectivo de fomentar o coñecemento entre os profesionais e os estudantes universitarios e proporcionarlles unha experiencia laboral que mellore o seu emprego.
A Comisión Europea, o Parlamento e o Consello Europeo son algunhas das institucións que ofrecen a posibilidade de acoller persoas en prácticas nas súas sedes, sendo os destinos máis común Bruxelas, Luxemburgo e Estrasburgo. A duración e as características destas varían en función da convocatoria.
Entre os requisitos para acceder a estes programas de prácticas destacan ser nacional dalgún dos países membros da UE, estar en posesión dun títuto universitario ou superar o primeiro ciclo dalgún estudo superior e ter coñecemento dunha segunda lingua oficial da UE, ademais da materna.
Para máis información pode consultar a páxina: Prácticas profesionales na Comisión Europea