O artigo 88 da Lei Orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de Protección de Datos Persoais e garantía dos dereitos dixitais (LOPDGDD), e o artigo 18 da Lei 10/2021, de 9 de xullo, de traballo a distancia, recollen, literalmente, o seguinte:
1. Os traballadores e os empregados públicos terán dereito á desconexión dixital co fin de garantir, fóra do tempo de traballo legal ou convencionalmente establecido, o respecto do seu tempo de descanso, permisos e vacacións, así como da súa intimidade persoal e familiar.
Todas as empresas, independentemente do volume de persoal ou do sector de actividade, están obrigadas a elaborar a súa política interna na que se definan as modalidades de exercicio do dereito á súa desconexión dixital.
A túa organización xa o ten feito?
En calquera caso, convén lembrar os puntos seguintes:
- A súa elaboración é obrigatoria, aínda que o Convenio de aplicación non regule nada sobre esta materia e, se o fai, haberá que telo en conta no seu contido.
- O mencionado art.88 da LOPDGDD indica que se deben realizar accións de formación e sensibilización (aínda que non establece nin cantas nin a súa duración mínima).
- Xa se publicaron Convenios Colectivos que regulan este dereito (ben recollendo literalmente o disposto na Lei Orgánica, ben establecendo, ademais do exercicio deste dereito, boas prácticas que as organizacións poderían implementar).
- Aínda hai pouca xurisprudencia sobre a materia, pero, á vista do que está a chegar aos tribunais, prevese cales serán os principais puntos de conflito:
- Contido e duración mínima das accións de sensibilización e formación.
- Límites a este dereito.
- Circunstancias excepcionais nas que o dereito non opera.
Le todo o artigo! Descárgao aquí abaixo.
Gabinete técnico de Igualdade
[email protected]
981 555 888