Neste artigo convidamos a que todo o mundo (homes e mulleres) “verifique” se está libre de estereotipos de xénero no ámbito laboral.
Adiantámosvos, como pista, que ninguén é inmune.
Antes de entrar en materia, lembremos o significado de conceptos básicos relacionados co tema que imos tratar:
• Estereotipo: Idea ou expresión que por ser moi utilizada é totalmente convencional e carece de orixinalidade e de significación.
• Clixé: Idea ou expresión que por ser demasiado utilizada xa carece de significación.
Un estereotipo ou un clixé é, entón, un pensamento cun formato “predefinido”. En moitas ocasións resúltannos moi cómodos, porque “afórranos” reflexionar, pensar, e, ante determinada situación, actívase de forma automática o patrón de pensamento rápido, que se impón sobre posibles verdades que quedarán ocultas.
• Estereotipos de xénero:
Calidades, ideas e expectativas que a sociedade atribúe a homes e mulleres.
Falamos de representacións simbólicas do que unhas e outros deberían ser e sentir.
Ao asignarnos unha ou outra representación, reafírmase un modelo de masculinidade e outro de feminidade (excluíntes entre si), con roles e características moi diferenciadas.
Le o artígo completo!