Preséntanse os datos do Informe de Mobilidade Transfronteiriza 2023 e analízanse algunhas das conclusións extraídas do informe que a autoridade laboral europea publicou analizando os servizos de apoio á mobilidade laboral existentes nos Estados membros.
Destacáronse tamén dúas noticias relevantes no ámbito transfronteirizo como son a eliminación en Portugal das ventaxas fiscais que se viñan aplicando aos residentes non habituais, por un lado e por outro a incorporación ao Sistema de remisión electrónica de datos (sistema RED) da Tesorería General de la Seguridad Social un novo servizo que lles permite aos empregadores en España solicitar o mantemento da lexislación aplicable aos traballadores desprazados aos países do Espazo Económico Europeo e a Suíza. Se analiza tamén o Programa de traballo formulado pola Comisión Europea para o ano 2024 e que incorporará importantes iniciativas de interese para as pemes europeas así como as medidas propostas por esta institución para mellorar a coordinación dos sistemas de seguridade social dos Estados membros.
Por último e aínda que non foi aínda transposta o ordenamento xurídico español, analízase a Directiva (UE) 2019/1152 do Parlamento Europeo e do Consello, do 20 de xuño de 2019, relativa a unhas condicións laborais transparentes e previsibles na Unión Europea e as implicacións que poderá acarrear sobre as disposicións existentes ata agora.