Desde a Confederación de Empresarios de Galicia acábase de lanzar un novo proxecto, o Bid4tenders, en colaboración coa Associação Empresarial de Portugal (AEP), a Confederação Empresarial do Alto Minho (CEVAL), a Agência para a Competitividade e Inovação (IAPMEI, I.P) e o Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE), dirixida a facilitar a participación de pemes na contratación pública, no que se ofrecerán, de forma gratuíta, os seguintes servizos:
- Difusión de noticias e oportunidades de negocio vinculadas a licitacións públicas, reforzando a participación das pemes nestes procesos.
- Creación dunha rede de socios potenciais para colaboracións.
- Organización de talleres formativos de capacitación e desenvolvemento en materia de contratación pública.
- Asistencia técnica e legal, ademais de acompañamento continuo nos trámites de licitación.
- Unha plataforma electrónica específica para o acceso a convocatorias de licitacións a nivel nacional, rexional, europeo e internacional.
Con estes servizos, buscamos capacitar, fomentar e axudar ás pemes para innovar para que poidan participar nas licitacións públicas co menor gasto de recursos posible, asegurando que participen nos procedementos de contratación que mellor se adapten ás súas características.
Desta maneira, compraceríanos que as empresas integradas na Asociación de Empresarios da Área Industrial do Carballiño (AICA) coñezan o proxecto e poidan beneficiarse dos seus servizos.
Vernes, 28 de xuño
De 11:00 a 12:00 horas
Reunión virtual Teams