CEG

 

Matchmaking event WindEnergyMatch 2022

Matchmaking event WindEnergyMatch 2022

A Confederación de Empresarios de Galicia como membro da Enterprise Europe Network colabora na organización do evento empresarial WindEnergyMatch en 2022 que se desenvolverá no marco da feira internacional WindEnergy Hamburg e a H2Expo & Conference.

O evento WindEnergyMatch en 2022  ten como obxectivo promover celebración de reunións de negocios entre os distintos actores da industria eólica.

As reunións empresariais B2B terán lugar os días 28 e 29 de setembro, de forma presencial na Matchmaking área que se atopa no Hall B5.

 

Por que participar?

As empresas participantes terán a oportunidade de reunirse bilateralmente en reunións preestablecidas de 30 minutos para:

  • Explorar oportunidades de negocio e/o entrar en novos mercados.
  • Identificar socios potenciais para proxectos de I+D e transferencia de tecnoloxía.
  • Intercambiar mellores prácticas e coñecementos sobre prácticas, materiais e estratexias innovadoras.
  • A posibilidade de rexistro estará aberta ata o 28 de setembro e antes do encontro cada empresa recibirá a súa axenda de reunións.

Para quen?

Para visitantes e expositores, empresas, institucións de investigación que buscan socios comerciais e de proxectos internacionais no ámbito da enerxía eólica e o hidróxeno verde.

 

Como participar?

  1. É necesario Rexistrarse na plataforma https://windenergymatch-2022.b2match.io/A participación para expositores é gratuíta.
  2. Publicar un perfil con información sobre a súa empresa e a súa intención de colaboración
  3. Explorar a lista de participantes e solicitar reunións coas empresas de interese

 

Desde a CEG facilitaremos todo o apoio posible para a súa participación, tanto para a revisión dos perfís, recomendación de reunións en función do interese de cada empresa, envío das axendas ou calquera outra consulta que se poida expor.

Informar tamén que a plataforma conta cunha app "b2match" para IOS/Android, que permite o acceso á axenda de reunións, información sobre as reunións e sobre calquera cambio de última hora (aceptacións, cancelacións,…)

Data

Rexistro antes do 28 de setembro de 2022

Organiza
Confederación de Empresarios de Galicia
EEN-GalacteaPlus
Enterprise Europe Network
TwitterFacebook

Usamos cookies no noso sitio web para soportar características técnicas que melloran a súa experiencia de usuario.

Tamén usamos servizos de análise e estatísticas.