A Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) colabora na organización dun evento empresarial virtual Opendesk B2B. Connecting companies with industrial mathematics que terá lugar entre os próximos días 20 e 23 de setembro. Este evento organízao a rede EU-Maths-IN e a Axencia Galega de Innovación (GAIN) no marco da Enterprise Europe Network (EEN) da que tamén a CEG forma parte.
EU-Maths-IN lanzará un novo servizo que consistirá nunha xanela única na que as empresas poderán presentar os seus principais retos aos mellores centros europeos de matemática industrial co obxectivo de poder desenvolver conxuntamente solucións a medida segundo as súas necesidades.
Co fin de promover a colaboración entre empresas e a matemática industrial, o evento empresarial permite a posibilidade de celebrar reunións virtuais con outros centros e empresas participantes, para o que é necesario formalizar a inscrición antes do 19 de setembro a través desta ligazón.
O procedemento para participar é moi sinxelo:
- É necesario o rexistro da empresa a través de botón “Register now” que atopará nesta ligazón.
É importante indicar a súa dispoñibilidade horaria para a axenda de reunións https://opendesk.b2match.io/ - Debe incorporar no perfil, información da súa empresa e o seu interese en cooperación.
A información debe de ser clara e de interese para o posible socio. - Explorar os perfís dos asistentes.
A CEG tamén lle facilitará esta información - Enviar e recibir solicitudes de reunión (é necesario aceptar as reunións para que posteriormente se agenden e programen)
A posibilidade de rexistro estará aberta ata o 19 de setembro e antes do encontro cada empresa recibirá a súa axenda de reunións.
Informar tamén que a plataforma conta cunha app "b2match" para IOS/Android, que permite o acceso á axenda de reunións, información sobre as reunións e sobre calquera cambio de última hora (aceptacións, cancelacións,…)
Rexistro antes do 19 de setembro de 2022