A Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) xunto coa Axencia Galega de Innovación (GAIN) organizan un evento de reunións B2B virtuais que terá lugar do 3 ao 5 de outubro no marco da Feira Internacional de Produtos do Mar Conxelados CONXEMAR 2023.
Esta actividade realízase no marco da Enterprise Europe Network , como membros do Consorcio EEN-GalacteaPlus.
CONXEMAR é un dos máis relevantes eventos internacionais no ámbito dos produtos conxelados, que reúne a todo o sector da transformación: almacenistas, importadores, exportadores, transformadores, fabricantes, distribuidores, cámaras frigoríficas, maquinaria, industria auxiliar (refrixeración, embalaxe, plásticos etc.)
Dentro da feira organízanse conferencias, seminarios e formación, co fin de brindar aos asistentes e expositores ferramentas para mellorar a súa competitividade. Nesta ligazón pode obter máis información sobre a feira https://www.conxemar.com/en/exhibition/
Este evento, permitirá ás empresas participantes dispoñer dunha axenda de reunións sen custo coas empresas previamente seleccionadas, que constituirá unha oportunidade única para:
- Establecer contactos con posibles socios internacionais e nacionais
- Coñecer novas tecnoloxías presentes no sector
- Alcanzar acordos comerciais, de investigación e/o tecnolóxicos
A participación non ten custo para as empresas grazas ao financiamento público da EEN que procede da Unión Europea.
O procedemento para participar é moi sinxelo:
1. É necesario o rexistro a través desta ligazón https://b2b-at-conxemar-international-frozen.b2match.io/home.
É importante indicar a súa dispoñibilidade horaria para a axenda de reunións.
- Debe incorporar no perfil, información da súa empresa e o seu interese de cooperación. A información debe de ser clara e de interese para o posible socio.
- Explorar os perfís dos asistentes. A CEG tamén lle facilitará esta información.
- Enviar e recibir solicitudes de reunión (é necesario aceptar as reunións para que posteriormente se agenden e programen)
A posibilidade de rexistro estará aberta ata o 5 de outubro e antes do encontro cada empresa recibirá a súa axenda de reunións.
3-5 de outubro de 2023