A Confederación de Empresarios de Galicia colabora na organización do encontro empresarial B2B@Concreta 2022 que se desenvolverá en CONCRETA2022 en Oporto, organizado pola Asociación de Empresarios de Portugal (AEP) no marco da Enterprise Europe Network (EEN), rede de apoio as pemes da Comisión Europea.
Este evento empresarial que terá lugar os días 13 e 14 de outubro está orientado a promover a cooperación empresarial no ámbito da construción, arquitectura, deseño e enxeñería, innovacións técnico-tecnolóxicas, solucións e novos materiais, a través de reunións tanto de forma presencial, como virtual coas organizacións e empresas participantes.
A participación no evento B2B é gratuíta grazas ao financiamento público da EEN que procede da Unión Europea.
O procedemento para participar no B2B é moi sinxelo:
- É necesario o rexistro da empresa a través de botón "Rexister now" que atopará neste enlace https://b2bconcreta-2022.b2match.io/home
- Debe incorporar no perfil, información da súa empresa e o seu interese en cooperación.
- Explora-los perfís dos asistentes.
- Enviar e recibir solicitudes de reunión (cómpre aceptar as reunións para que posteriormente se engadan a axenda e programen).
Rexistro ata o 14 de outubro de 2022