A Confederación de Empresarios de Galicia colaborará na organización do brokerage event SMAGUA 2023 que terá lugar os días 7 e 8 de marzo de 2023 en Zaragoza, no marco da 26ª edición de SMAGUA, Salón internacional da auga e medio ambiente.
O evento reunirá, un ano máis, a empresas líderes no sector da auga e medio ambiente e aos profesionais interesados en coñecer as últimas tecnoloxías, equipos e sistemas para a xestión deste recurso. Na pasada edición participaron 409 expositores e 20543 visitantes procedentes de 17 países distintos.
O encontro empresarial SMAGUA 2023 organizado pola Confederación de Empresarios de Aragón (CEOE Aragón) é unha excelente oportunidade para atopar socios comerciais e tecnolóxicos internacionais.
As principais áreas do evento son as seguintes: Tratamento e reutilización da auga, tratamento e xestión de residuos, instrumentos, análises e automatización, rego, empresas de enxeñería, consultoría e servizos, medio ambiente, limpeza e mantemento de rúas, recuperación de enerxía e materiais sólidos, revalorización de solos contaminados, contaminación do aire e purificación de gases, tecnoloxía analítica e laboratorios, empresas de servizos e o outros equipos
As reunións empresariais B2B terán lugar os días 7 e 8 de marzo, de forma presencial.
As empresas participantes terán a oportunidade de reunirse bilateralmente en reunións preestablecidas de 30 minutos para:
- Explorar oportunidades de negocio e/o entrar en novos mercados.
- Identificar socios potenciais para proxectos de I+D e transferencia de tecnoloxía.
- Intercambiar mellores prácticas e coñecementos sobre prácticas, materiais e estratexias innovadoras.
- A posibilidade de rexistro estará aberta ata o 3 de marzo e antes do encontro cada empresa recibirá a súa axenda de reunións.
Dirixido a:
Visitantes e expositores, empresas, institucións de investigación que buscan socios comerciais e de proxectos internacionais en sector da auga e medio ambiente.
Para participar:
- É necesario rexistrarse na plataforma https://smagua2023.b2match.io/
- A participación é gratuíta
- Publicar un perfil con información sobre a súa empresa e a súa intención de colaboración
- Explorar a lista de participantes e solicitar reunións coas empresas de interese
Desde a CEG facilitaremos todo o apoio posible para a súa participación, tanto para a revisión dos perfís, recomendación de reunións en función do interese de cada empresa, envío das axendas ou calquera outra consulta que se poida expor.
7 e 8 de marzo de 2023. Rexistro antes do 3 de marzo de 2023.
Zaragoza