CEG

 

A organización empresarial galega celebra a convalidación do Real Decreto Lei 32/2021 de medidas urxentes para a reforma laboral

Reforma Laboral

A Confederación de Empresarios de Galicia celebra a  convalidación da Real Decreto Lei 32/2021 de medidas urxentes para a reforma laboral, a garantía da estabilidade no emprego e a transformación do mercado de traballo, respectando desta forma o acordo alcanzado nun exercicio de responsabilidade no marco do Diálogo Social, froito do traballo levado a cabo durante nove meses entre as partes.

A CEG considera que se trata dun acordo que dá estabilidade ao país no tempo, garante a paz social, consolida o esencial da reforma laboral de 2012 e traballa por reducir a temporalidade no noso país como pide a Unión Europea. Trátase dunha norma que achega certezas de fronte ao exterior e favorece a confianza no país.
 

TwitterFacebook

Usamos cookies no noso sitio web para soportar características técnicas que melloran a súa experiencia de usuario.

Tamén usamos servizos de análise e estatísticas.