Reforzar a seguridade dos traballadores na súa actividade profesional constitúe actualmente un dos principais obxectivos que comparten os axentes económicos e sociais.
A importancia da aplicación da normativa vixente e o seguimento dun código de boas prácticas son ferramentas fundamentais para combater con éxito os índices de siniestralidade e mellorar a saúde laboral.
Co ánimo de colaborar na promoción dunha cultura preventiva no ámbito dos riscos laborais, a CEG pon a disposición dos empresarios e de todas as persoas interesadas diferentes ferramentas e estudos no ámbito preventivo.
Por outra banda, a CEG desenvolve en colaboración coas Confederacións provinciais actuacións neste ámbito mediante a execución de accións de formación e información dirixidas a todas as persoas interesadas ao abrigo da Orde de axudas destinadas ás accións de fomento da Prevención de Riscos Laborais de carácter anual.
A través desta formación, darase cumprimento a aquelas demandas de temas específicos en materia de seguridade e saúde laboral con o desenvolvemento de seminarios, cursos e xornadas informativas.
Poderáse obter máis información e posibles actualizacións a través das páxinas das Confederacións provinciais:
• Confederación de Empresarios de La Coruña: www.cec.es o Tlfno: 981 136 901
• Confederación de Empresarios de Lugo: www.celugo.es o Tlfno: 982 284 015
• Confederación de Empresarios de Ourense: www.ceo.es o Tlfno: 988 391 110
• Confederación de Empresarios de Pontevedra: www.cep.es o Tlfno: 986 446 300