O Servizo de Información Comunitaria e Innovación (SICI), no marco da Enterprise Europe Network, facilita ás empresas o acceso aos mercados da Unión Europea, a través da procura de socios para a comercialización dos seus produtos ou servizos. A rede europea está presente en 50 países e dispón dunha activa ferramenta que permite conectar con máis de 3000 expertos de preto de 600 organizacións especializadas na promoción empresarial.
Desde o SICI apoiamos ás empresas para promover a cooperación a través da rede europea, ademais de fomentar a participación en reunións bilaterais no marco de importantes feiras de carácter internacional.
En caso de interese, enche o seguinte formulario.