CEG

 

Refraneiro galego II: Outra vaca no millo

Refraneiro galego II: Outra vaca no millo

Serie tomando como “soporte” famosos refráns e expresións típicas de Galicia

•    Capítulo I: Nunca choveu que non escampara
•    Capítulo II: Outra vaca no millo 

Dependendo da zona de Galicia, dise tamén “Outra vaca no maínzo”.

É unha expresión típica de Galicia, que contén moita información. Pódese usar en distintos contextos en con distintos significados:

•    Para indicar que unha persoa actúa igual de mal que outra (como dicir en español “otro que tal baila”)
•    Para expresar que un feito ou unha acción determinada é igual de inconveniente que outra anterior (como dicir en castelán: “éramos pocos y parió la abuela”; o que significa que se xa non tivéramos cousas malas ata o momento, chega outra máis).

Tradución literal ao español: “Otra vaca en el maíz” (que non se usa ).
Existe unha expresión moi semellante en castelán: “Otra vez la burra al trigo”. 
Pero a galega ten moita mais retranca...

Que “acomodo” ten esta expresión na contorna da igualdade de xénero?

Pois naquelas situación nas que se seguen a perpetuar os estereotipos de xénero, no canto de fomentar a igualdade entre menos e nenas ou homes e mulleres:

Como exemplos, e para que se entenda perfectamente:

A.    Expresións habituais (aínda a día de hoxe ), que indican claramente que tanto os roles como os estereotipos de xénero afectan a nenos e a nenas:

Referidos a elas

Referidos a eles

Falas como un marimacho

Ten un estilo efeminado

Non leves esa saia tan corta, que vas provocando…

Un home non chora, pareces unha nena

A muller non ten autoridade para ocupar postos de dirección

Os homes “modernos” colaboran nas labores do fogar

 

B. Cultura, formas de pensar coas que se transmite aos/ás nenos/as determinados estereotipos, de modo que, cando chegan á adolescencia, xa teñen conductas adquiridas:

  • A cada xénero presupónselle un determinado comportamento. A sociedade espera unha forma de ser, unha aparencia ou vestimenta definida segundo o xénero.  Quen non se “axusta” ao esperado pode sufrir presións ou castigos para axustarse ao comportamento que é considerado o apropiado para o seu xénero. 
  • A sociedade segue asociando roles a nenos e nenas: elas son “vulnerables” e deben ser protexidas, mentres que eles son fortes e independentes…
  • Hai condutas que non son válidas para unha nena. Por este motivo, a elas restrínxellas saír de casa e, se chegan tarde, os seus proxenitores molestaranse, pero é algo que non está mal visto se es un neno. 
  • O deporte non queda fora dos puntos anteriores: tanto a eles como a elas incítaselles a practicar xogos diferentes. Neste caso, o colectivo docente ten moito que aportar velando pola igualdade de condicións na práctica de calquera deporte, xa sexa nivel curricular ou en actividades de tempo libre ou extraescolares. 

Atendendo a todo o anterior, temos claro:
1.    É na educación onde podemos actuar de raíz para eliminar a desigualdade entre homes e mulleres.
2.    Que se as persoas que, xa dende moi noviñas, crecen cunha serie de restricións sociais determinadas polo seu xénero, na súa etapa adulta serán homes e mulleres que terán interiorizado ideas como que as mulleres son débiles e os homes son poderosos.
3.    É importante que todos (homes e mulleres) sexamos conscientes de situación como as que describimos anteriormente, e que aínda queda camiño por percorrer para acadar a igualdade.
Como cada persoa, co seu exemplo e actitude, decide que tipo de valores quere defender e inculcar, que se traducirá en que tipo de sociedade quere vivir, está nas nosas mans deixar claro o rexeitamento ao sinalado nos apartados A e B.

E, unha forma facelo, é responder a esas actitudes, formas de pensar e expresións coa frase do capítulo de hoxe:

“Outra vaca no millo”!

 Seguro que o entenden.

Se precisas apoio ou apoio técnico, podes contactar co no noso Gabinete de  Igualdade:
[email protected]
981 555 888

Autor
Confederación de Empresarios de Galicia
Editor
Confederación de Empresarios de Galicia
Financiamento
Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade
Gobierno de España
Ministerio de Trabajo y Economía Social
Servicio Público de Empleo Estatal (SEPE)
Dirección Xeral de Emprego
Xunta de Galicia
Formato
Electrónico
TwitterFacebook

Usamos cookies no noso sitio web para soportar características técnicas que melloran a súa experiencia de usuario.

Tamén usamos servizos de análise e estatísticas.